jueves, 16 de mayo de 2013

DECAPITADOS PENSAMENTOS

Tornan hoxe,
despoxados amenceres.
Silandeira nubosidade encol do monte
e na horta, penumbras arredradas
traen coa brisa do outono a cadencia
dos teus pasos e teu acento pola casa.

Relampo que no relanzo da escada
encadeaba segredos na túa aperta.

Tornan hoxe,
a atoupar milagres mortos,
decapitados pensamentos na miña almofada.