domingo, 31 de marzo de 2019

APORTES CULTURALES

JUEVES 21 DE MARZO EN CONMEMORACIÓN AL DÍA DE LA MUJER 

EVENTO CREADO Y ORGANIZADO POR AYMARÁ GHIGLIONE

A continuación comparto el texto de Aymará Ghiglione publicado en su Face:


"Onte en Bos Aires, as galegas da diáspora celebramos o día da poesía tomando a palabra. Houbo micrófono aberto, houbo achegas teóricas, houbo collage de poemas. Houbo viño, e tamén houbo moitas risas e algunha lágrima. Todo mesturado.

Esta son eu co poema-collage que fixen servíndome dos versos de María Do Cebreiro, Nieves Neira Roca, Estíbaliz Espinosa Río, Maria Xose Queizan e Pilar Pallarés.

Di algo así:


"A cidade teima nos teus ollos.
Curiosamente
Sabendo que me perdo
Sen culpa deste amor que caeu sobre min.
A nada nos teus dedos, eu na punta.
polo sol dunha pel que non existe".

Grazas por todo á Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, especialmente a Rocío Carbia (que lindo isto que fixemos xuntas ).

E grazas infinitas ás poetas que participaron do intercambio de poemas tan xenerosamente: María Rosa Lojo, Marita Rodríguez-Cazaux, Ines Martinez, Patricia Alonso, Antía Otero, Lucía Aldao, Nieves Neira Roca y Estíbaliz Espinosa Río.

Grazas Micaela, por axudarme tanto e por vir compartir coñecemento.

E grazas Cris Terceiro por todo o traballo de difusión e rexistro, e pola foto"
Foto de Aymará Ghiglione.


Aymará  Ghiglione

No hay comentarios:

Publicar un comentario