O comenzo do outono coa paisaxe
vagalume lémbrame de luces
das rúas que pasamos xuntos.
Non é unha tristura cinza,
e soamente imaxen esquecida
dos nosos corpos na beira alixeirados.
Un sentimento ceibe que espallado
vólvese aínda máis fortemente unido.
-Ninguén podería entendelo sen vivilo-.
Máis nós, coñecemos o segredo
e cando chega seu ronsel no calendario
aqueles días nos que fomos
illas de soños azuis no febreiro,
traen con eles recendo da saudade.
vagalume lémbrame de luces
das rúas que pasamos xuntos.
Non é unha tristura cinza,
e soamente imaxen esquecida
dos nosos corpos na beira alixeirados.
Un sentimento ceibe que espallado
vólvese aínda máis fortemente unido.
-Ninguén podería entendelo sen vivilo-.
Máis nós, coñecemos o segredo
e cando chega seu ronsel no calendario
aqueles días nos que fomos
illas de soños azuis no febreiro,
traen con eles recendo da saudade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario